Os alumnos do colexio de Vedra renden unha homenaxe á solidariedade en Ourense por medio do teatro

O próximo 15 de febreiro, os nenos do C.P.I de Vedra representarán a obra Rúa dos soños no Teatro Principal de Ourense, ás 12:30 para os centros educativos e as 20:30 da tarde para o público en xeral. Esta peza dramática contemporánea está dirixida por Iolanda Rodríguez Aldrei, Óscar Varela Casal e Afonso García Penas e interpretada por máis de 50 rapaces de idades comprendidas entre os 12 até os 18 anos.

Segundo os seus creadores, a obra Rúa dos soños é “un canto cromático ao compañeirismo, ao respecto ao diferente e á solidariedade”. Esta peza está protagonizada por adolescentes que, “fartos de imposicións absurdas, principian un camiño iniciático na procura de novos horizontes”. Así, “tras partir dunha situación de insatisfacción, estes novos habitantes do século XXI insírense nunha travesía na que abordarán diferentes eixos temáticos: a pobreza, o cambio climático, as organizacións non gobernamentais, a inmigración, o complexo espertar no universo do amor, a violencia, o consumismo, o futuro das novas xeracións…”.

En resumo, todo “un canto á liberdade e á liberación dos prexuízos; un divertido xogo onde a imaxinación xoga un papel moi importante e un alegato emotivo e reivindicativo das inquedanzas do mundo adolescente que reterá a ollada do público durante todo espectáculo”.

Doazóns

Ademais do teatro, contamos cunha  Fila 0 coa que se espera complementar a recadación obtida coa venda de entradas, o nº de conta é o 2080 0000 71 3040157590 de Novagaliciabanco.

A Fila 0 permite ás persoas interesadas realizar un donativo sen acudir á representación.

Esta obra é posible grazas ao traballo de Metátese Teatro, a Escola Municipal de Teatro de Laxe, a Aula de Teatro do CPI de Vedra e o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei.

a obra Rúa dos soños é “un canto cromático ao compañeirismo, ao respecto ao diferente e á solidariedade”

Ademais do teatro, contamos cunha Fila 0 coa que se espera complementar a recadación obtida coa venda de entradas

Máis información:

Lugar: Teatro Principal de Ourense

Prezo da entrada: 2 euros.

Duración: 70 minutos.

Idioma: galego.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Adolescencia, Fundación, Infancia, Meniños. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s